tag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114186203057878272005-04-22T08:20:00.000-07:002005-04-22T09:10:03.060-07:00ambiguoOnte celebrei case en segredo o meu cumpleanos. Por suposto saín de juerga (unha desculpa así non se pode desperdiciar).

Nun desos antros os que xuro sempre non voltar coñecín unha rapaza de pelo crecho. A verdade e que non me lembro moito máis dela. Dixome que lle gustaba a miña mestura de masculinidade e feminidade i eu aproveitei para morderlle os beizos e saborear a sú boca un bó anaco. Logo marchou coas amigas non sen antes repetirme que bicarme fora unha experiencia fermosa pois era "Como bicar a un home e a unha muller á vez".

O resto da noite decorreo por territorios menos románticos. O chegar a casa deiteime coa retrónica da moza ná cabeza. A miña parte feminina tiña os pes frios e disputamos polo edredón un bó anaco antes de quedar adormecido.bigornanoreply@blogger.com