tag:blogger.com,1999:blog-101131842008-07-23T13:51:18.360-07:00solar ruínbigornanoreply@blogger.comBlogger37125tag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115999348944780242005-05-13T08:04:00.000-07:002005-05-13T08:49:08.966-07:00FENDANalgún sitio ten que haber unha fenda . Esta pedra non pode ser tan perfecta. Un lugar , un poro por onde penetrou fai anos a auga. Un fio de xeo que se formou nunha invernía ancestral, nervudo e insolente entre o xeixo. E logo estalou para que eu poida meter a miña lingua de zincél e abrir en canal este pan tan duro.

O cálculo da forza da palanca, a sinerxia dos sonos case esquecidos, a fraxilidad coa que se agría a miña mente, o estupido revirijanchar neuronal que padece son tamén factores decisivos.

Van viaxando a canda mín os múltiples palimocos, pailans, tuzaros que me acompañan sempre. Inxenuos e cridos de si mesmo. Ufanos da sua miseria. cheos eles.

Levo tamén a trompicons unha vontade esfiañada. Medo e soberbia.

Vemos todos a rocha coma un monumento. Como dende a fiestra dun tren en marcha mudando de posición contra a nosa visión estática. Mesturada co reflexo do noso naris e os ollos fuxitivos por entre os cables. (casi poño :"coma notas fuxitivas entre o pentagrama dos cables").

Os meus compañeiros e viaxe son así. Poetas, promiscuos, paletos.

A rocha definese o fín como un obxetivo.
De lonxe semella un grauiño de arros escuro. Coma o punto de mira dunha pistola coa que apunto contra min mesmo.

Logo disparo.
bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115738515770101532005-05-10T08:02:00.000-07:002005-05-11T08:31:15.506-07:00comunicaciónPese as mentiras dos peperos, contra elas , datos (Por si fixeran falla...).

A miña aldea queda a dez minutos do aeroporto máis importante de Galiza. Pois ben : Hoxe en día non teñen comunicación por telefone. Puxeron , Fara catro anos, un amago de telefonia (por onda) que funciona coma lle cadra pero da que non podes obter tan siquiera conexión a internet.
O lado montouse unha casa de turismo rural que leva tres anos reclamando poder ofrecerlle os seus clientes un servicio diño de comunicación. A casa inaugurouna con pompa e boato D. Manuel . Nin por esas. Falo de a 10 Minutos do Aeroporto de Santiago. no ano 2005.

/Aproveito a ocasión que me da esta fiestra para ser un dos primeiros en cagarme no fillo/a do principe e a pendandga da leticia./bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115466171983576802005-05-07T04:32:00.000-07:002005-05-07T04:44:33.076-07:00segundo mtivo: Unha tía miñaUnha tia miña ten 86 anos. E viuva dende o ano pasado. Vivía nunha casa de aldea en donde criaron a dez fillos. E eran caseiros de a- medias. Quén non saiba o que eso que pregunte. Ben , lograron quita-los fillos adiante e co tempo ata conseguirón ter certa holgura económica. Pero agora no ano 2005, e despois da morte do meu tío, ten que abandoar a casa en donde viviu os últimos cuarenta e cinco anos pois os donos tiverón a ocorrencia de vende-las propiedades arrendadas.
Afortunadamente non vai quedar na rua pero cando vexo os seus ollos e imaxinmo a sua vida sei que houbo xente que permitiu, acalou, fomentou e (¿Por qué falo en pasado?)mimou toda esa miseria.

E ahí esta el sorrindo co seu bañadorbigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115464900988877982005-05-07T04:11:00.000-07:002005-05-07T04:23:54.330-07:00MOTIVO PRIMEIROQue leria o desta democracia. O vello abaneou na cama e deixo a súa semente estrada por anos sen fín. As xeracións que nos precederón só obtiveron a triste vistoria de que a morte natural acabase co dictador.

Eu non quero levar esa eiva conmigo. A este , a frol máis cheirenta daquela semente podre, non podemos darlle o privilexo de morrer na cama do poder. Que dure moitos anos e que comtemple o devalo do que el representa dende o esquecemento e a vergoña de sentirse malquerido por unha maioría de galegos.

E con el a restra de caciques herdeiros de tantos medos e miserias.

¿Qué esas son historias do pasado?. ¿Qué é remover vellos pantasmas?.

¡Un guevo¡. As herdanzas do Franquismo pululan hoxe entre nos en formas diversas. Fomos alimentadas con elas e só se temos a forza necesaria para unha grande catarse poderemos saír da miseria conxenita que nos aboia con demasiada frecuencia.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115457882523695712005-05-07T02:12:00.000-07:002005-05-07T02:24:43.663-07:00POR UNS DIASPor uns días este blog abandoa a súa melancolía e baixa a realidade máis real.

A finalidade desta baixada do everest(a toda ostia e sen osixeno) non é outra que a de aportar modestamente o meu grau de area para lograr o obxetivo de:

MANDAR Ö CARALLO A FRAGA E A SUA CORTE DE CACIQUES ESCUROS

Todo o que escreba dende hoxe ata o día das eleccións referirase a eso e chamareino Motivos para chimpar a Fraga.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1115120673838025342005-05-03T04:30:00.000-07:002005-05-03T04:51:27.973-07:00MAIODe flores cuberto, seica. Noto o vento, eso sí. Fora e dentro da miña testa un "cierzo gris".

Fora: Insolente, malicioso e teimudo.Dentro: Lorchando as miñas miserias contra as tempas, rebotando cara o meu cortex unha i outra vez as miradas e os xestos presuntamente esquecidos.

Na casa, protexido do exterior, as fiestras asubian con ritmo inentelixible e constante. O pouco espacio que deixa a cidade convertese en esquina de imposible abrigo. A cidade chega ata a almofada que respira a carón de mín.

Só pretendo non caer na tenrura da que podería falar se me deixara levar pola poesía. Pretendo prosa.
Pretendo números.

Fuxir
do arte
que ameaza con pusuirme.

Quero pasear pola vida cún traxe de sorriso ruín. A faciana esperta de sexo e de vida sen morte. O xesto aleuto do tempo aproveitado. A tensión sutíl que dispara o paso das horas.

Pero sen poesía.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114441493982328362005-04-25T07:48:00.000-07:002005-04-25T08:04:53.983-07:00Reconciliación

Tentei esta fin de semán reconciliarme con todo. Conmigo, coa natureza, coa vida.... Busquei entre a soidade das fragas e a lama algo de calma. Recorrín coas cadelas as corredoiras da aldea. As máis afastadas, case intransitables, lonxe das pistas da concentración parcelaria. Rubin por balados e debrocei leiras ermas cheas de queirugas amarelas.
E alí, arrodeado de castiñeiros e cos pes humedecidos: ¡Qué fermoso foi ouvir o zunido do mobil coa túa mensaxe reclamándome para o puto asfalto da cidade¡.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114186203057878272005-04-22T08:20:00.000-07:002005-04-22T09:10:03.060-07:00ambiguoOnte celebrei case en segredo o meu cumpleanos. Por suposto saín de juerga (unha desculpa así non se pode desperdiciar).

Nun desos antros os que xuro sempre non voltar coñecín unha rapaza de pelo crecho. A verdade e que non me lembro moito máis dela. Dixome que lle gustaba a miña mestura de masculinidade e feminidade i eu aproveitei para morderlle os beizos e saborear a sú boca un bó anaco. Logo marchou coas amigas non sen antes repetirme que bicarme fora unha experiencia fermosa pois era "Como bicar a un home e a unha muller á vez".

O resto da noite decorreo por territorios menos románticos. O chegar a casa deiteime coa retrónica da moza ná cabeza. A miña parte feminina tiña os pes frios e disputamos polo edredón un bó anaco antes de quedar adormecido.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114080134331323162005-04-21T03:37:00.000-07:002005-04-21T03:42:14.330-07:00Que coño lle pasa a este blog.Pregunta trampa:
Alguén pregunta . ¿E literatura o que se escribe nun Blog?.
Resposta Trampa: Os libros de Raimond carver estarían mellor na rede en forma de Blog. Con afotos de Margarida Delgado.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114009982995614782005-04-20T08:09:00.000-07:002005-04-21T01:35:25.373-07:00A MIRADA DE ANA

Si finalmente collo unhas pequenas vacacións a comenzos de Maio, seguramente me acerque ata Lisboa. Alí espero ver a Ana.

Ana ten unha pequena eiva física. Non ve dun ollo. Aparentemente non se lle nota nada e si ela non o dí ninguén se daría conta.

Un día en Zaragoza, ó pouco de coñecernos, e cando xa avanzaba a noite díxome: "Se a partires de agora ves algo raro no meu ollar non te asustes". Explicoume logo que nacera xa así, sen vista no ollo esquerdo, e que nun principio aquel ollo non obedecía á sua mirada e que por veces se quedaba estático mentras ela apuntaba cara un lado ou outro có dereito.

O parecer lograra educar bastante aquel ollar disperso e díscolo dende cativa e case sempre acataba á dirección que marcaba a mirada boa. Só cando bebía, fumaba ou estaba moi relaxada se obcecaba e ocorría que aquel defecto se manifestaba para os demáis.

Dende aquela con frecuencia vin o ollo extraviado de Ana. Eu dicialle: "Ana, mira ben ". Pero ela só sorría sabedora xa de que para mín pouco importaba a dirección do seu ollar esquerdo.

Este é o defecto de Ana. Das súas moitas virtudes traerei conta si finalmente vou ata Lisboa.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1114007903468047482005-04-20T07:21:00.000-07:002005-04-20T07:38:23.470-07:00A CAIXA

Fixárame nela xa cando estabamos follando. A única prenda da que non se ispira: Unha caixiña de prata oxival e repuxada que penduraba do seu pescozo. Logo, por brincar, insistín en que me dixera qué contiña aquel misterioso cofre. Insistín moito. "Son cinzas do meu irmán. Suicidouse fai dous anos", dixo finalmente.

Instintivamente choutei da cama e corrín cara o cuarto de baño. Alí mireime un anaco ó espello e logo refresquei a faciana con auga.

Cando saín ela non levaba xa o colgante. Fumaba un cigarro e finxia ollar cara o televisor.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113643613677337882005-04-16T02:21:00.000-07:002005-04-16T02:26:53.676-07:00ChoveAgora que chove vou sair a rúa.

"...es un tipo que se plantea problemas complejisimos y que , en vez de resolverlos o tartar de resolverlos, como haría cualquier otra persona sensata, los vuelve más complejos todavia. "bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113491939855985692005-04-14T08:13:00.000-07:002005-04-14T08:36:28.163-07:00Marie Paule e Jaques<http:>
</http:>
<http:>
Chamanme sorpresivamente dende Aix. Ponse ó telefone Amandin, a filla, e cántame aquela canción de Manu Chao que repetía cinco anos atrás (tería entonces ela catro ou cinco) cando viñeran a visitarme a Compostela.

Alguén lles debeu comentar que non o estou a pasar ben. Un detalle de Agradecer.

De todos xeitos: Qué mal senta saber nestas circunstancias que a xente se preocupa por ti. Mentras un anda a poñerse dereito diante do espello os amigos as veces envianche a tua imaxe reflectida na súa actitude. Suxo, triste, vello, perdido....

Fano con boa intención claro, i é de agradecer.</http:>bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113491611693070672005-04-14T08:10:00.000-07:002005-04-14T08:13:31.693-07:00UNHA PALABRA TUATal vez duas. Unha pequena explicación que me axudara a entender todo esto. Saír do bucle. Trazar lineas discontinuas. Poder follar sen comparar. Poder falar sin que sexa dese tema. Poder buscar sin Osmar. Ollar os ollos mentras penetro. Morder linguas sen asco. correrme de frente. Correrme incluso.

Tempo?. Vale, pedireillo entón ós Reices.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113491399794245332005-04-14T08:07:00.000-07:002005-04-14T08:27:16.710-07:00CoctelO coctel de alcool e hidrocloruro de paroxetina ( un coñecido antidepresivo) conseguen que non lle tema a nada.

Seica hai xente que xenera esa combinación química sen ningunha necesidade de recurrir a fármacos e doses etílicas.

Chamanse fillos de puta.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113491212492648542005-04-14T07:59:00.000-07:002005-04-14T08:31:12.690-07:00SUICIDIO"Mourons pour des ide´s, d´acord,
mais de mort lente"

Supoño que como xusto castigo por utilizala pedantemente nunha conversa a frase de Brassens quedoume pendurada na orella durante todo o día.

Logo pola noite, cando as horas e o alcool se precipitarón enriba de mín, o estribillo comenzou a resultarme obvio. o meu comportamento neses momentos ratificaba unha variante sutíl da frase. Quén non ten a coraxe para suicidarse elixe a peor forma de suicidio: A de encadear erros, decisións equivocadas, comportamentos arriscado durante toda a sús vida.

bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1113318668372567882005-04-12T08:06:00.000-07:002005-04-12T08:35:03.750-07:00Lamentable.onte cometín unha inmensa estupidez. Mellor dito, repetín a estupidez de sempre.

Leo no libro de Javier Cercas:
"El mal, no los errores, perdura,
lo perdonable está perdonado hace tiempo, los
cortes de navaja
se han curado tambien, sólo el corte que produce
el mal,
ese no se cura, se reabre en la noche, cada noche"

Ingeborg Bachmann.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1112719771899345132005-04-05T09:40:00.000-07:002005-04-05T09:51:16.233-07:00relaxQUE ME RELAXE... QUE DEIXE FUXIR O CORPO E A MENTE MENTRAS ME ACARIÑA O CABELO E ME DI QUE SIGO A TER UNHA PEL EXTREMADAMENTE SUAVE DESPOIS DE CATRO ANOS SEN SABER NADA DE MIN.
QUE ME RELAXE...QUE SE LEMBRA DA ULTIMA VEZ QUE NOS VIMOS. DO QUE LLE DIXEN.
QUE NUNCA CONSEGUIU VER NO MEU OLLAR SEN MELANCOLIA. PERO QUE ESTA BEN.
QUE ME RELAXE.

bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1112716679412796202005-04-05T08:51:00.000-07:002005-04-05T09:07:38.816-07:00despieceOs polacos de Cracovia seica queren o corazón do papa.
Normal. Con moito menos mira a que armamos en compostela.

Un papa ben repartido e unha bicoca
bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1112266264405802712005-03-31T02:37:00.000-08:002005-04-05T09:09:12.023-07:00POR FIN¡Agora o vexo nidiamente. Tiveron que pasar tantos anos...

Agora que na casa Encendida de Madrid fan unha retrospectiva (2000 polaroids seleccionadas por él mesmo durante máis de un ano entre cerca de 10.000) asómase ó televexo y é el pero non é el (Ramiro de Muiña dixit). É Dylan. Joder, é cagadiño. Por fin Ivan traschutado, postmetadonizado , nos revela a súa personalidade real. Medra en min un desexo fervente de ser o seguinte trasmutado. Móstrame o camiño. Apáreceme nun soño no meu cuarto e convénceme (agora que o alcool volta a facer estragos en mín) de que somos tres a deixarnos o bijotiño insolente. Indícame a alquimia a seguir. A corredoira descendente cara o abismo. Sofrer , xúrocho, xa sufro dabondo.

(Vou a mercar , en calqueira caso, unhas jafas como as tuas)bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1112264361774930222005-03-31T02:07:00.000-08:002005-03-31T02:35:43.950-08:00Antepeito

Non, non é atepeito. Umbral en galego sería: Limiar. Ben , limiar, digo, posiblemente é o mellor articulista do Estado Español. Articulista ; o de xuntar mais dunha columna non se lle dá tan ben. (Nós mesmos temos exemplos nas nosas letras do inverso: X.C. Caneiro en insufrible na contratapa dun diario , F. Alonso Idem. M.Murado e M.Suárez fan ben as duas cousas...) Divago. O caso é que , falando do Papa, e de Umbral (limiar), este fai unha metáfora entre a foto que sae nos periodicos (tan distinta coa bucolica que ilustra este post) dun home desencaixado pola dor asemellándoa a un taco, a un improperio, a un exabrupto.

Esta ben. Esta ben a foto e a metáfora é acertada. Por engadir ferro quero pensar que o Papa berra : ¡ Me cago en Dios¡.

Guturalmente, claro.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1112116049129544592005-03-29T08:56:00.000-08:002005-03-29T09:19:47.153-08:00vicio

Chocheo. Ando a ler nún libro coas tapas duras e vermellas. O outro día cando rematei a lectura, pecheino e dinlle un bico no lombo. Foi un xesto inconsciente que me sorprendeu.

O jodido do tema que a seguinte vez que o collín repetín o mesmo xesto litúrxico xa a mantenda.

Vale que é un bó libro, pero empezo a preocuparme. Sexa na cama, no sofá ou no vater donde este a ler sempre acabo facendo o mesmo. Cada vez con maior intención e atención. Ata me decato de que as vecer recorro os parágrafos a toda presa sen fixarme no seu contido devecendo só por adiantar ese momento no que os meus beizos acariñan o lombiño acartoado e vermello.

¿Existira a librofilia?. Non a bibliofilia do cariño polos libros , senon a estrana atracción sexual cara os volumenes literarios. E de ser asi ¿A dónde chegara a miña conducta?. ¿Rematarei masturbándome metendo o meu sexo entre as follas? ¿Abandoarei definitivamente a miña querencia polas vias anais e vaxinais e mudareinas polas "paxinais"?.

Prometo informar.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1111661916580124142005-03-24T02:36:00.000-08:002005-03-24T02:58:36.583-08:00LOS MIOS
Los Mios son multitude e viaxan colapsando as autoestradas. Aparte de levar cartuchos de dinamita nos bolsos conocerédelos polo seu aspecto inconfundible. E que non hai un que sexa o que se dí "normal":
Un é superlativamentre grande e ten unhas mans coma cestos , o outro superlativanmente pequeno e ademáis a sua parella sacalle tres cabezas formando un conxunto moi curioso, como un peón e un castelo xuntos. O outro é toco e hai dous ou tres chepudos. O mís garcioso e unha que ten un ollo que mira cara Cantabria(Terra de cabróns) e outro para Galiza (TERRA). Pero todos son "Los MIOS", e ¿sabedes que vos digo?: ¡que os quero¡.
Cos ollos humedecidos bicareinos cando cheguen con beizos de tabaco e silicose. Logo, cunha rebarbadora, cortarei os janchos que me suxetan ó meu pasado de folla de sucesos e ireime con eles para o noso territorio máis querido. Xuntos Percorreremos de novo o Missisipi coa nosa colección de naipes amañados. Faremos que as nais nos presenten as suas fillas, que nos confien os seus duendes como si foramos monecos troquelados de colorins cos que xogar e como tahures zurdos pediremos a cambio unha noite de amor. Para sentirnos mellor todos.bigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1111520264151342742005-03-22T11:35:00.000-08:002005-03-22T11:37:44.153-08:00homenaxe a corpiño aceitosobigornanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10113184.post-1111519511117360002005-03-22T11:23:00.000-08:002005-03-22T11:25:11.116-08:00homenaxe a home grisbigornanoreply@blogger.com