FENDA
Nalgún sitio ten que haber unha fenda . Esta pedra non pode ser tan perfecta. Un lugar , un poro por onde penetrou fai anos a auga. Un fio de xeo que se formou nunha invernía ancestral, nervudo e insolente entre o xeixo. E logo estalou para que eu poida meter a miña lingua de zincél e abrir en canal este pan tan duro.
O cálculo da forza da palanca, a sinerxia dos sonos case esquecidos, a fraxilidad coa que se agría a miña mente, o estupido revirijanchar neuronal que padece son tamén factores decisivos.
Van viaxando a canda mín os múltiples palimocos, pailans, tuzaros que me acompañan sempre. Inxenuos e cridos de si mesmo. Ufanos da sua miseria. cheos eles.
Levo tamén a trompicons unha vontade esfiañada. Medo e soberbia.
Vemos todos a rocha coma un monumento. Como dende a fiestra dun tren en marcha mudando de posición contra a nosa visión estática. Mesturada co reflexo do noso naris e os ollos fuxitivos por entre os cables. (casi poño :"coma notas fuxitivas entre o pentagrama dos cables").
Os meus compañeiros e viaxe son así. Poetas, promiscuos, paletos.
A rocha definese o fín como un obxetivo.
De lonxe semella un grauiño de arros escuro. Coma o punto de mira dunha pistola coa que apunto contra min mesmo.
Logo disparo.



