Monday, April 25, 2005

Reconciliación



Tentei esta fin de semán reconciliarme con todo. Conmigo, coa natureza, coa vida.... Busquei entre a soidade das fragas e a lama algo de calma. Recorrín coas cadelas as corredoiras da aldea. As máis afastadas, case intransitables, lonxe das pistas da concentración parcelaria. Rubin por balados e debrocei leiras ermas cheas de queirugas amarelas.
E alí, arrodeado de castiñeiros e cos pes humedecidos: ¡Qué fermoso foi ouvir o zunido do mobil coa túa mensaxe reclamándome para o puto asfalto da cidade¡.

Friday, April 22, 2005

ambiguo

Onte celebrei case en segredo o meu cumpleanos. Por suposto saín de juerga (unha desculpa así non se pode desperdiciar).

Nun desos antros os que xuro sempre non voltar coñecín unha rapaza de pelo crecho. A verdade e que non me lembro moito máis dela. Dixome que lle gustaba a miña mestura de masculinidade e feminidade i eu aproveitei para morderlle os beizos e saborear a sú boca un bó anaco. Logo marchou coas amigas non sen antes repetirme que bicarme fora unha experiencia fermosa pois era "Como bicar a un home e a unha muller á vez".




O resto da noite decorreo por territorios menos románticos. O chegar a casa deiteime coa retrónica da moza ná cabeza. A miña parte feminina tiña os pes frios e disputamos polo edredón un bó anaco antes de quedar adormecido.

Thursday, April 21, 2005

Que coño lle pasa a este blog.

Pregunta trampa:
Alguén pregunta . ¿E literatura o que se escribe nun Blog?.
Resposta Trampa: Os libros de Raimond carver estarían mellor na rede en forma de Blog. Con afotos de Margarida Delgado.

Wednesday, April 20, 2005

A MIRADA DE ANA




Si finalmente collo unhas pequenas vacacións a comenzos de Maio, seguramente me acerque ata Lisboa. Alí espero ver a Ana.

Ana ten unha pequena eiva física. Non ve dun ollo. Aparentemente non se lle nota nada e si ela non o dí ninguén se daría conta.

Un día en Zaragoza, ó pouco de coñecernos, e cando xa avanzaba a noite díxome: "Se a partires de agora ves algo raro no meu ollar non te asustes". Explicoume logo que nacera xa así, sen vista no ollo esquerdo, e que nun principio aquel ollo non obedecía á sua mirada e que por veces se quedaba estático mentras ela apuntaba cara un lado ou outro có dereito.

O parecer lograra educar bastante aquel ollar disperso e díscolo dende cativa e case sempre acataba á dirección que marcaba a mirada boa. Só cando bebía, fumaba ou estaba moi relaxada se obcecaba e ocorría que aquel defecto se manifestaba para os demáis.

Dende aquela con frecuencia vin o ollo extraviado de Ana. Eu dicialle: "Ana, mira ben ". Pero ela só sorría sabedora xa de que para mín pouco importaba a dirección do seu ollar esquerdo.

Este é o defecto de Ana. Das súas moitas virtudes traerei conta si finalmente vou ata Lisboa.

A CAIXA



Fixárame nela xa cando estabamos follando. A única prenda da que non se ispira: Unha caixiña de prata oxival e repuxada que penduraba do seu pescozo. Logo, por brincar, insistín en que me dixera qué contiña aquel misterioso cofre. Insistín moito. "Son cinzas do meu irmán. Suicidouse fai dous anos", dixo finalmente.

Instintivamente choutei da cama e corrín cara o cuarto de baño. Alí mireime un anaco ó espello e logo refresquei a faciana con auga.

Cando saín ela non levaba xa o colgante. Fumaba un cigarro e finxia ollar cara o televisor.

Saturday, April 16, 2005

Chove

Agora que chove vou sair a rúa.




"...es un tipo que se plantea problemas complejisimos y que , en vez de resolverlos o tartar de resolverlos, como haría cualquier otra persona sensata, los vuelve más complejos todavia. "

Thursday, April 14, 2005

Marie Paule e Jaques




Chamanme sorpresivamente dende Aix. Ponse ó telefone Amandin, a filla, e cántame aquela canción de Manu Chao que repetía cinco anos atrás (tería entonces ela catro ou cinco) cando viñeran a visitarme a Compostela.

Alguén lles debeu comentar que non o estou a pasar ben. Un detalle de Agradecer.

De todos xeitos: Qué mal senta saber nestas circunstancias que a xente se preocupa por ti. Mentras un anda a poñerse dereito diante do espello os amigos as veces envianche a tua imaxe reflectida na súa actitude. Suxo, triste, vello, perdido....

Fano con boa intención claro, i é de agradecer.

UNHA PALABRA TUA

Tal vez duas. Unha pequena explicación que me axudara a entender todo esto. Saír do bucle. Trazar lineas discontinuas. Poder follar sen comparar. Poder falar sin que sexa dese tema. Poder buscar sin Osmar. Ollar os ollos mentras penetro. Morder linguas sen asco. correrme de frente. Correrme incluso.

Tempo?. Vale, pedireillo entón ós Reices.

Coctel

O coctel de alcool e hidrocloruro de paroxetina ( un coñecido antidepresivo) conseguen que non lle tema a nada.



Seica hai xente que xenera esa combinación química sen ningunha necesidade de recurrir a fármacos e doses etílicas.

Chamanse fillos de puta.

SUICIDIO

"Mourons pour des ide´s, d´acord,
mais de mort lente"

Supoño que como xusto castigo por utilizala pedantemente nunha conversa a frase de Brassens quedoume pendurada na orella durante todo o día.

Logo pola noite, cando as horas e o alcool se precipitarón enriba de mín, o estribillo comenzou a resultarme obvio. o meu comportamento neses momentos ratificaba unha variante sutíl da frase. Quén non ten a coraxe para suicidarse elixe a peor forma de suicidio: A de encadear erros, decisións equivocadas, comportamentos arriscado durante toda a sús vida.

Tuesday, April 12, 2005

Lamentable.

onte cometín unha inmensa estupidez. Mellor dito, repetín a estupidez de sempre.

Leo no libro de Javier Cercas:
"El mal, no los errores, perdura,
lo perdonable está perdonado hace tiempo, los
cortes de navaja
se han curado tambien, sólo el corte que produce
el mal,
ese no se cura, se reabre en la noche, cada noche"

Ingeborg Bachmann.

Tuesday, April 05, 2005

relax

QUE ME RELAXE... QUE DEIXE FUXIR O CORPO E A MENTE MENTRAS ME ACARIÑA O CABELO E ME DI QUE SIGO A TER UNHA PEL EXTREMADAMENTE SUAVE DESPOIS DE CATRO ANOS SEN SABER NADA DE MIN.
QUE ME RELAXE...QUE SE LEMBRA DA ULTIMA VEZ QUE NOS VIMOS. DO QUE LLE DIXEN.
QUE NUNCA CONSEGUIU VER NO MEU OLLAR SEN MELANCOLIA. PERO QUE ESTA BEN.
QUE ME RELAXE.

">

despiece

Os polacos de Cracovia seica queren o corazón do papa.
Normal. Con moito menos mira a que armamos en compostela.

Un papa ben repartido e unha bicoca