Thursday, March 31, 2005

POR FIN¡

Agora o vexo nidiamente. Tiveron que pasar tantos anos...

Agora que na casa Encendida de Madrid fan unha retrospectiva (2000 polaroids seleccionadas por él mesmo durante máis de un ano entre cerca de 10.000) asómase ó televexo y é el pero non é el (Ramiro de Muiña dixit). É Dylan. Joder, é cagadiño. Por fin Ivan traschutado, postmetadonizado , nos revela a súa personalidade real. Medra en min un desexo fervente de ser o seguinte trasmutado. Móstrame o camiño. Apáreceme nun soño no meu cuarto e convénceme (agora que o alcool volta a facer estragos en mín) de que somos tres a deixarnos o bijotiño insolente. Indícame a alquimia a seguir. A corredoira descendente cara o abismo. Sofrer , xúrocho, xa sufro dabondo.

(Vou a mercar , en calqueira caso, unhas jafas como as tuas)

Antepeito




Non, non é atepeito. Umbral en galego sería: Limiar. Ben , limiar, digo, posiblemente é o mellor articulista do Estado Español. Articulista ; o de xuntar mais dunha columna non se lle dá tan ben. (Nós mesmos temos exemplos nas nosas letras do inverso: X.C. Caneiro en insufrible na contratapa dun diario , F. Alonso Idem. M.Murado e M.Suárez fan ben as duas cousas...) Divago. O caso é que , falando do Papa, e de Umbral (limiar), este fai unha metáfora entre a foto que sae nos periodicos (tan distinta coa bucolica que ilustra este post) dun home desencaixado pola dor asemellándoa a un taco, a un improperio, a un exabrupto.


Esta ben. Esta ben a foto e a metáfora é acertada. Por engadir ferro quero pensar que o Papa berra : ¡ Me cago en Dios¡.

Guturalmente, claro.

Tuesday, March 29, 2005

vicio



Chocheo. Ando a ler nún libro coas tapas duras e vermellas. O outro día cando rematei a lectura, pecheino e dinlle un bico no lombo. Foi un xesto inconsciente que me sorprendeu.

O jodido do tema que a seguinte vez que o collín repetín o mesmo xesto litúrxico xa a mantenda.

Vale que é un bó libro, pero empezo a preocuparme. Sexa na cama, no sofá ou no vater donde este a ler sempre acabo facendo o mesmo. Cada vez con maior intención e atención. Ata me decato de que as vecer recorro os parágrafos a toda presa sen fixarme no seu contido devecendo só por adiantar ese momento no que os meus beizos acariñan o lombiño acartoado e vermello.

¿Existira a librofilia?. Non a bibliofilia do cariño polos libros , senon a estrana atracción sexual cara os volumenes literarios. E de ser asi ¿A dónde chegara a miña conducta?. ¿Rematarei masturbándome metendo o meu sexo entre as follas? ¿Abandoarei definitivamente a miña querencia polas vias anais e vaxinais e mudareinas polas "paxinais"?.

Prometo informar.

Thursday, March 24, 2005

LOS MIOS


Los Mios son multitude e viaxan colapsando as autoestradas. Aparte de levar cartuchos de dinamita nos bolsos conocerédelos polo seu aspecto inconfundible. E que non hai un que sexa o que se dí "normal":
Un é superlativamentre grande e ten unhas mans coma cestos , o outro superlativanmente pequeno e ademáis a sua parella sacalle tres cabezas formando un conxunto moi curioso, como un peón e un castelo xuntos. O outro é toco e hai dous ou tres chepudos. O mís garcioso e unha que ten un ollo que mira cara Cantabria(Terra de cabróns) e outro para Galiza (TERRA). Pero todos son "Los MIOS", e ¿sabedes que vos digo?: ¡que os quero¡.
Cos ollos humedecidos bicareinos cando cheguen con beizos de tabaco e silicose. Logo, cunha rebarbadora, cortarei os janchos que me suxetan ó meu pasado de folla de sucesos e ireime con eles para o noso territorio máis querido. Xuntos Percorreremos de novo o Missisipi coa nosa colección de naipes amañados. Faremos que as nais nos presenten as suas fillas, que nos confien os seus duendes como si foramos monecos troquelados de colorins cos que xogar e como tahures zurdos pediremos a cambio unha noite de amor. Para sentirnos mellor todos.

Tuesday, March 22, 2005

homenaxe a corpiño aceitoso

homenaxe a home gris

Monday, March 21, 2005

Vic Muniz

Coma el, cerca de Boimorto había un tipo que decia esculpi-la terra. Falamos de Arte durante un par de horas nunha noite etílica ata que me confesou que ó que se dedicaba él realmente era a traballar cunha escavadora.

Coma él, hoxe fago un autorretrato co mellor de cada un dos que me rodea. Chámase optimismo i é de color amarelo cítrico. Póñome os ollos vermellos de flash e finxo ter a mirada perdida. A imposibilidade de naufragar en terra firme é máis que un consuelo cando se quere ser feliz. As mortes que me ameazan terán que loitar a partires de agora tamén coa intención que advirto na presión do dedo no obturador. Incluo no "Ha-ver", como maquillaxe orgánico nas miñas pálpebras, as folerpas de telepatía que me acariñaron onte.

No "de-ver" , sempre, a visión das vacas nas camposas patricias; Afumegando polo alento as humidades que lle medran desde a herva.

cuarenta Dias

Prescribeu o meu crime. O autoxuizo declarame inocente por falla de probas. Os argumentos da defensa forón absolutamente contundentes: Toda a miña vida é en defensa propia. O fiscal só puido argumentar o esvaradizo do meu pensamento e a falla de precaucións dos meus instintos. Polo demais abandono a a cadea sabendo que deixo algun bo recordo dentro e unha férula coa que entablillei o meu sexo durante a reclusión.
Un aire morno acariña a miña face. Hoxe pola cidade camiñan un home irto e dous cadaveres exquisitos.

Wednesday, March 02, 2005

con-ca -te-na-das

A aparición da muller có sombreiro e o nacemento da primavera terei que sumar o encontro da amiga fotógrafa, a venta sustanciosa do meu apartamento, a lixeira melloria na miña saude, certas noticias positivas no traballo, moitas visións fermosas i esperanzadoras e moitas ganas de toma-lo sol. eso, todo concatenado.
A noite paseina vomitando. Por mezclar : Acuarios, cafe, cervexa e leite con madalenas. Tamen concatenados.
As fotos dos últimos días sobranlle rostros e faltanlle paisaxes. A ver ¿Dónde estan as fiestras?. No servicio paso revista os vellos exemplares do National Geographic e quédome coas visións de Jordania. Desertos , pedras e auga . Concatenados.

coincidencias

De toda-las que nos ocorren durante o día só nos decatamos das que necesitamos. Das que buscamos. Pero estan ahí.
Abandonome as coinciudencias como a unha sorte de vacacións da mente. Deixareime levar por elas . Aproveitareinas. Moitas , co frio, baixan da atmosfera e apretanse contra o chan. son coincidencias con incidencias. Permiten unha visión espectacular dos planetas e arredan os temblores e a artrose dos ollos.
Mira , por ali pasa un cabaliño silvando a king crimson.

Tuesday, March 01, 2005

increibel

Foi comenza-la miña primaveira e apareceu ela. Unha muller con sombreiro. Non podia ser doutro xeito. Ainda teimo a lamber no teclado restos do meu ollar derretido. Esto funciona. Estou tan nervioso que non sei que pedir. Atráncome . Non sei porque agora mesmo me ven á cabeza o poeta tolo de Mondragon (¿segue en Mondragon?). Vénseme a imaxen que narra del un escritor morto e na que lle fai unha palla a un colega de manicomio. Coa esquerda.
Pero ¿Qúe coño ten que ver eso coa muller do sombreiro, coa miña estrenada primaveira, coa intención de afastarme da tristura...?. ¿Estarei toleando?. ¿Estarei tolo xa?.

Dentro de tres días fará moitos anos que coñecin a unha muller con sombreiro. Tocaba Baldo Martinez no modus e tamén facia sol. Era Mercores de cinza e o Domingo anterior , na festa do queixo en Arzua Os GNR xogaranse o pelexo na brinacdeira dun striptease cunha bandeira galega enriba do palco. ¿Lembras?. Aquela noite fixerasme unha palla coa esquerda (eras zurda contrariada). A mañan segeuinte almorzamos no Venecia do pai do escritor . Forase a luz e almorzamos con velas...(Continuara) (Ou non).

ANDAZO

Seica é como eso. Coma un andazo. A mala hostia, o mal rollo, o tedio e a desesperación extendense coma a gripe. A muller dun veciño meu ( moi malencarado él, estrañamente parecida a Depardieu ela), dí que ata que chova , ela non atura máis ó seu home e adicase a pasear en zapatillas pola beirarrua falando coas fillas polo mobil e poñendo a parir ó malpocado.
O me compañeiro de traballo acaba de saír alporizado de xunta min por que non entende o meu sentido da decoración e al gustarialle instalar algo mui moderno que seica viu nun sitio da zona nova.
Os meus amigos non saen de viños, a familia afastase, o teléfono racanea as chamadas....

Cambio de ciclo. Sin saber de donde sacarei a clorofila este primeiro de Marzo adiantome Ó Corte Inglés e promulgo unha primaveira anticipada. Empezarei por min. plantareime flores no cú se fai falla, pero non quero colaborar nesta apoloxia da tristura.
Benvida Primaveira. Vou xogar coa pelota.