leo
Nada queda atrás. Despois da dor ven o vacio. No meu vacio intuo avelaiñas teimudas a pousarse no furabolos. Chiscanme un ollo e susurran o teu nome.
Nada queda atrás. Despois da dor ven o vacio. No meu vacio intuo avelaiñas teimudas a pousarse no furabolos. Chiscanme un ollo e susurran o teu nome.
Coloco os cóbados no antepeito da fiestra e ollo a xeada na herva. Na acera o meu coche vermello maquillase cunha capa de caramelo gris. Se me voltara agora mesmo vería as flores murchas que estan enrriba da mesa, xunto as facturas e ó correio sen abrir dende hai dez días. Demoro a mirada perdida sobre a cidade mentras soa a música. Moito tempo.

Quedeime dormido no sofa e despertei có frio. Eran as duas e media da mña e pensei en chamarte. Entre nós eso era casi habitual. Mandarche unha mensaxe breve: "Necesito a calor do teu cu", "ando a percura do teu cabelo para meter o meu alento","os meus xeonllos non atopan acomodo sin a cova das tuas pernas" calquér cousa...
O dolor do peito recordoume a realidade e corrin para a cama a refuxiarme baixo miles de mantas.
As traxedias de hoxe , as alleas, firenme máis. Pois as miñas estan recentes e ainda me doe non sei que espacio intercostal. Confio no tempo . En voltar a escoitar os telediarios sen que que me asulaguen as bagoas mentras como un filete.
O tempo: que esculpa en min toda-las mentiras pequeniñas que necesito para voltar a camiñar pola rúa cun sorriso.
A pesar de todo, increiblemente, ela ainda cree en min.
Cando veu as magulladuras do meu corpo peguntoume por elas.
-Caín da bicicleta. respostei.
- Joder, dixo, ós teus anos e ainda as ter que empezar de novo cos ruedins.
Gracias tia. Tomo nota.

Efectivamente, estou aqui.
Cóstame mover cada musculo, cada dedo. Busco unha clave alfanúmerica. Unha formula sinxela para comenzar a camiñar. Un mapa, un gps para sair da cama. Para abri-los ollos. Estou valeiro e doeme ata o que non teño. Gracias a home gris , tarabela e a a. a m. e os nomes en clave dos que sempre estades ahí.