MAIO
De flores cuberto, seica. Noto o vento, eso sí. Fora e dentro da miña testa un "cierzo gris".
Fora: Insolente, malicioso e teimudo.Dentro: Lorchando as miñas miserias contra as tempas, rebotando cara o meu cortex unha i outra vez as miradas e os xestos presuntamente esquecidos.
Na casa, protexido do exterior, as fiestras asubian con ritmo inentelixible e constante. O pouco espacio que deixa a cidade convertese en esquina de imposible abrigo. A cidade chega ata a almofada que respira a carón de mín.
Só pretendo non caer na tenrura da que podería falar se me deixara levar pola poesía. Pretendo prosa.
Pretendo números.
Fuxir
do arte
que ameaza con pusuirme.
Quero pasear pola vida cún traxe de sorriso ruín. A faciana esperta de sexo e de vida sen morte. O xesto aleuto do tempo aproveitado. A tensión sutíl que dispara o paso das horas.
Pero sen poesía.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home