Marie Paule e Jaques

Chamanme sorpresivamente dende Aix. Ponse ó telefone Amandin, a filla, e cántame aquela canción de Manu Chao que repetía cinco anos atrás (tería entonces ela catro ou cinco) cando viñeran a visitarme a Compostela.
Alguén lles debeu comentar que non o estou a pasar ben. Un detalle de Agradecer.
De todos xeitos: Qué mal senta saber nestas circunstancias que a xente se preocupa por ti. Mentras un anda a poñerse dereito diante do espello os amigos as veces envianche a tua imaxe reflectida na súa actitude. Suxo, triste, vello, perdido....
Fano con boa intención claro, i é de agradecer.

0 Comments:
Post a Comment
<< Home