Wednesday, April 20, 2005

A CAIXA



Fixárame nela xa cando estabamos follando. A única prenda da que non se ispira: Unha caixiña de prata oxival e repuxada que penduraba do seu pescozo. Logo, por brincar, insistín en que me dixera qué contiña aquel misterioso cofre. Insistín moito. "Son cinzas do meu irmán. Suicidouse fai dous anos", dixo finalmente.

Instintivamente choutei da cama e corrín cara o cuarto de baño. Alí mireime un anaco ó espello e logo refresquei a faciana con auga.

Cando saín ela non levaba xa o colgante. Fumaba un cigarro e finxia ollar cara o televisor.

0 Comments:

Post a Comment

<< Home