Tuesday, March 29, 2005

vicio



Chocheo. Ando a ler nún libro coas tapas duras e vermellas. O outro día cando rematei a lectura, pecheino e dinlle un bico no lombo. Foi un xesto inconsciente que me sorprendeu.

O jodido do tema que a seguinte vez que o collín repetín o mesmo xesto litúrxico xa a mantenda.

Vale que é un bó libro, pero empezo a preocuparme. Sexa na cama, no sofá ou no vater donde este a ler sempre acabo facendo o mesmo. Cada vez con maior intención e atención. Ata me decato de que as vecer recorro os parágrafos a toda presa sen fixarme no seu contido devecendo só por adiantar ese momento no que os meus beizos acariñan o lombiño acartoado e vermello.

¿Existira a librofilia?. Non a bibliofilia do cariño polos libros , senon a estrana atracción sexual cara os volumenes literarios. E de ser asi ¿A dónde chegara a miña conducta?. ¿Rematarei masturbándome metendo o meu sexo entre as follas? ¿Abandoarei definitivamente a miña querencia polas vias anais e vaxinais e mudareinas polas "paxinais"?.

Prometo informar.

1 Comments:

At 11:25 AM, Blogger kaplan said...

non lle asombre; eu tamén o fixen de rapaz, entre as páxinas dun libro que amaba, no capítulo que máis queria; agora o libro segue comigo (fixo-mo vostede lembrar); aquelas follas non se poderán nunca separar, pero fican ainda as marcas do meu pecado. saiba tamén que o sigo con atención; axexe, se quere,tamén na miña páxina. seu, Kaplan

 

Post a Comment

<< Home