con-ca -te-na-das
A aparición da muller có sombreiro e o nacemento da primavera terei que sumar o encontro da amiga fotógrafa, a venta sustanciosa do meu apartamento, a lixeira melloria na miña saude, certas noticias positivas no traballo, moitas visións fermosas i esperanzadoras e moitas ganas de toma-lo sol. eso, todo concatenado.
A noite paseina vomitando. Por mezclar : Acuarios, cafe, cervexa e leite con madalenas. Tamen concatenados.
As fotos dos últimos días sobranlle rostros e faltanlle paisaxes. A ver ¿Dónde estan as fiestras?. No servicio paso revista os vellos exemplares do National Geographic e quédome coas visións de Jordania. Desertos , pedras e auga . Concatenados.

1 Comments:
Ei Bigorniña, encontreite. Que é iso de andar deixando mensaxiños e desaparecer... Non, se xa te vou coñecendo, raio de rapas!
Tes unhas imaxes moi bonitas no blog. Contradín ás veces a túa tristeza.
Sabes, alguén me chamou unha vez "unha muller con sombreiro". Na, non durou moito a cousa. Poucas veces me dura, non sei escoller ben :) pero, quen sabe escoller?
Bah, xa che contarei, porque... SEI QUEN ES!!! :****
Post a Comment
<< Home