Antepeito

Non, non é atepeito. Umbral en galego sería: Limiar. Ben , limiar, digo, posiblemente é o mellor articulista do Estado Español. Articulista ; o de xuntar mais dunha columna non se lle dá tan ben. (Nós mesmos temos exemplos nas nosas letras do inverso: X.C. Caneiro en insufrible na contratapa dun diario , F. Alonso Idem. M.Murado e M.Suárez fan ben as duas cousas...) Divago. O caso é que , falando do Papa, e de Umbral (limiar), este fai unha metáfora entre a foto que sae nos periodicos (tan distinta coa bucolica que ilustra este post) dun home desencaixado pola dor asemellándoa a un taco, a un improperio, a un exabrupto.
Esta ben. Esta ben a foto e a metáfora é acertada. Por engadir ferro quero pensar que o Papa berra : ¡ Me cago en Dios¡.
Guturalmente, claro.

1 Comments:
A min tamén me parecen pésimas as columnas de X.C. Caneiro. ¿Baixo os efectos de que substancias as escribirá?¿Herba, augardente ou viño de cartón. Sen embargo, as de M.A. Murado léoas tódalas semanas.
Había de estar simpático o Papa Matzinger Z dicindo ¡me cajo en dios!
Post a Comment
<< Home