Friday, May 13, 2005

FENDA

Nalgún sitio ten que haber unha fenda . Esta pedra non pode ser tan perfecta. Un lugar , un poro por onde penetrou fai anos a auga. Un fio de xeo que se formou nunha invernía ancestral, nervudo e insolente entre o xeixo. E logo estalou para que eu poida meter a miña lingua de zincél e abrir en canal este pan tan duro.






O cálculo da forza da palanca, a sinerxia dos sonos case esquecidos, a fraxilidad coa que se agría a miña mente, o estupido revirijanchar neuronal que padece son tamén factores decisivos.

Van viaxando a canda mín os múltiples palimocos, pailans, tuzaros que me acompañan sempre. Inxenuos e cridos de si mesmo. Ufanos da sua miseria. cheos eles.

Levo tamén a trompicons unha vontade esfiañada. Medo e soberbia.

Vemos todos a rocha coma un monumento. Como dende a fiestra dun tren en marcha mudando de posición contra a nosa visión estática. Mesturada co reflexo do noso naris e os ollos fuxitivos por entre os cables. (casi poño :"coma notas fuxitivas entre o pentagrama dos cables").

Os meus compañeiros e viaxe son así. Poetas, promiscuos, paletos.

A rocha definese o fín como un obxetivo.
De lonxe semella un grauiño de arros escuro. Coma o punto de mira dunha pistola coa que apunto contra min mesmo.

Logo disparo.

Tuesday, May 10, 2005

comunicación

Pese as mentiras dos peperos, contra elas , datos (Por si fixeran falla...).

A miña aldea queda a dez minutos do aeroporto máis importante de Galiza. Pois ben : Hoxe en día non teñen comunicación por telefone. Puxeron , Fara catro anos, un amago de telefonia (por onda) que funciona coma lle cadra pero da que non podes obter tan siquiera conexión a internet.
O lado montouse unha casa de turismo rural que leva tres anos reclamando poder ofrecerlle os seus clientes un servicio diño de comunicación. A casa inaugurouna con pompa e boato D. Manuel . Nin por esas. Falo de a 10 Minutos do Aeroporto de Santiago. no ano 2005.



/Aproveito a ocasión que me da esta fiestra para ser un dos primeiros en cagarme no fillo/a do principe e a pendandga da leticia./

Saturday, May 07, 2005

segundo mtivo: Unha tía miña

Unha tia miña ten 86 anos. E viuva dende o ano pasado. Vivía nunha casa de aldea en donde criaron a dez fillos. E eran caseiros de a- medias. Quén non saiba o que eso que pregunte. Ben , lograron quita-los fillos adiante e co tempo ata conseguirón ter certa holgura económica. Pero agora no ano 2005, e despois da morte do meu tío, ten que abandoar a casa en donde viviu os últimos cuarenta e cinco anos pois os donos tiverón a ocorrencia de vende-las propiedades arrendadas.
Afortunadamente non vai quedar na rua pero cando vexo os seus ollos e imaxinmo a sua vida sei que houbo xente que permitiu, acalou, fomentou e (¿Por qué falo en pasado?)mimou toda esa miseria.



E ahí esta el sorrindo co seu bañador

MOTIVO PRIMEIRO

Que leria o desta democracia. O vello abaneou na cama e deixo a súa semente estrada por anos sen fín. As xeracións que nos precederón só obtiveron a triste vistoria de que a morte natural acabase co dictador.

Eu non quero levar esa eiva conmigo. A este , a frol máis cheirenta daquela semente podre, non podemos darlle o privilexo de morrer na cama do poder. Que dure moitos anos e que comtemple o devalo do que el representa dende o esquecemento e a vergoña de sentirse malquerido por unha maioría de galegos.

E con el a restra de caciques herdeiros de tantos medos e miserias.



¿Qué esas son historias do pasado?. ¿Qué é remover vellos pantasmas?.

¡Un guevo¡. As herdanzas do Franquismo pululan hoxe entre nos en formas diversas. Fomos alimentadas con elas e só se temos a forza necesaria para unha grande catarse poderemos saír da miseria conxenita que nos aboia con demasiada frecuencia.

POR UNS DIAS

Por uns días este blog abandoa a súa melancolía e baixa a realidade máis real.

A finalidade desta baixada do everest(a toda ostia e sen osixeno) non é outra que a de aportar modestamente o meu grau de area para lograr o obxetivo de:

MANDAR Ö CARALLO A FRAGA E A SUA CORTE DE CACIQUES ESCUROS



Todo o que escreba dende hoxe ata o día das eleccións referirase a eso e chamareino Motivos para chimpar a Fraga.

Tuesday, May 03, 2005

MAIO

De flores cuberto, seica. Noto o vento, eso sí. Fora e dentro da miña testa un "cierzo gris".

Fora: Insolente, malicioso e teimudo.Dentro: Lorchando as miñas miserias contra as tempas, rebotando cara o meu cortex unha i outra vez as miradas e os xestos presuntamente esquecidos.

Na casa, protexido do exterior, as fiestras asubian con ritmo inentelixible e constante. O pouco espacio que deixa a cidade convertese en esquina de imposible abrigo. A cidade chega ata a almofada que respira a carón de mín.

Só pretendo non caer na tenrura da que podería falar se me deixara levar pola poesía. Pretendo prosa.
Pretendo números.

Fuxir
do arte
que ameaza con pusuirme.

Quero pasear pola vida cún traxe de sorriso ruín. A faciana esperta de sexo e de vida sen morte. O xesto aleuto do tempo aproveitado. A tensión sutíl que dispara o paso das horas.

Pero sen poesía.

Monday, April 25, 2005

Reconciliación



Tentei esta fin de semán reconciliarme con todo. Conmigo, coa natureza, coa vida.... Busquei entre a soidade das fragas e a lama algo de calma. Recorrín coas cadelas as corredoiras da aldea. As máis afastadas, case intransitables, lonxe das pistas da concentración parcelaria. Rubin por balados e debrocei leiras ermas cheas de queirugas amarelas.
E alí, arrodeado de castiñeiros e cos pes humedecidos: ¡Qué fermoso foi ouvir o zunido do mobil coa túa mensaxe reclamándome para o puto asfalto da cidade¡.

Friday, April 22, 2005

ambiguo

Onte celebrei case en segredo o meu cumpleanos. Por suposto saín de juerga (unha desculpa así non se pode desperdiciar).

Nun desos antros os que xuro sempre non voltar coñecín unha rapaza de pelo crecho. A verdade e que non me lembro moito máis dela. Dixome que lle gustaba a miña mestura de masculinidade e feminidade i eu aproveitei para morderlle os beizos e saborear a sú boca un bó anaco. Logo marchou coas amigas non sen antes repetirme que bicarme fora unha experiencia fermosa pois era "Como bicar a un home e a unha muller á vez".




O resto da noite decorreo por territorios menos románticos. O chegar a casa deiteime coa retrónica da moza ná cabeza. A miña parte feminina tiña os pes frios e disputamos polo edredón un bó anaco antes de quedar adormecido.

Thursday, April 21, 2005

Que coño lle pasa a este blog.

Pregunta trampa:
Alguén pregunta . ¿E literatura o que se escribe nun Blog?.
Resposta Trampa: Os libros de Raimond carver estarían mellor na rede en forma de Blog. Con afotos de Margarida Delgado.